BASES
XURADO Estará formado por filósof@s, intelectuais e pensadores, até un máximo de cinco persoas, nomeados polas entidades convocantes, e poderá declarar os premios desertos ou facer nomeamentos específicos se a calidade dos traballos así o esixir. A resolución será inapelábel. PREMIOS: Primeiro Premio: dotado con 500 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF. Segundo Premio: dotado con 200 euros, dos que se farán as deducións correspondentes ao IRPF, se fose preceptivo. Mención especial 175 aniversario Xelmirez 1. Diploma e agasallo conmemorativo. Enviar a:
Premio de Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez IES ARCEBISPO XELMIREZ I Rúa Poza de Bar s/n 15704 Santiago de Compotela PRAZO DE PRESENTACIÓN O prazo de admisión dos traballos comezará o 14 de xaneiro de 2019 e estará aberto até o 14 de Abril de 2020. |
Os traballos presentados terán o formato de Ensaio e a súa temática poderá abrangues diferentes tópicos, sempre que inclúan unha reflexión filosófica ou crítica acerca de aspectos relacionados coa sociedade actual ou o pensamento acerca de diferentes aspectos da realidade. Teráse en conta a capacidade relacionar aspectos antropolóxico, estéticos, sociolóxicos, e mesmo emocionais e a capacidade de vinculalos á propia experiencia.
Preferiranse os traballos de imaxinación crítica, na liña da esencia do premio, aos de carácter erudito ou estritamente científico. Deben ser totalmente orixinais e inéditos, e a evidencia dun plaxio, total ou parcial, suporá a descualificación do concursante. Non haberá limitación formal ningunha, sempre que se axusten á presentación dun problema ou tese e a súa argumentación. FORMATO
Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a catro páxinas Din-A4 e non superior a doce páxinas Din-A4, e segundo as seguintes directrices: letra Times New Roman ou Arial, tamaño 12, espazo de interliñado 1’5. |